O romeu é un arbusto que habita na rexión mediterránea da Europa meridional, Norte de África e tamén, na Asia menor. En España, áchase na maior parte de Cataluña, ata os Pireneos en Aragón e Navarra, Castela-A Mancha, Murcia, Estremadura, e nas zonas montañosas da Comunidade Valenciana, Andalucía e nas Illas Baleares. En estado silvestre é pouco común na Galiza e no norte da Península Ibérica.O romeu críase en todo tipo de solos, preferibelmente naqueles áridos, secos e algo areoso e permeábeis, adaptándose moi ben ós solos pobres.As follas do romeu son pequenas e moi abondosas, presentan forma liñal.As suas flores son de cor azul, violeta pálido, rosa ou branco, co cáliz verde ou algo vermello, tamén bilabiado e con forma de campá. As súas flores son moi aromáticas e melíferas (conteñen o mel), atópanse en riba das pólas. A planta do romeu pode chegar a acadar unha altura de ata 2 metros, polo que é necesario podalo con frecuencia. A planta permite o seu cultivo tanto no interior como no exterior. Non sofre nin enfermidades ou pragas.
Co aceite esencial que se extrae directamente das súas follas, prepárase alcol de romeu, o cal se emprega para previr as úlceras. Tamén se emprega para tratar dores reumáticas e lumbalxias. As follas de romeu calma a tose e é boa para o fígado e para atallar os espasmos intestinais. Debe tomarse antes ou despois das comidas. O fume do romeu serve como tratamento para a asma. Debe se durante o embarazo e a lactación, e non convén a persoas con gastrite aguda úlcera,epilecsia...
En castelán escribese como "romero"